Versións de Android

Existen varias versións de Android, que pasaremos a describir a continuación. Cómpre sinalar que as versións deste sistema operativo coñécense polo número da súa versión (por exemplo 1.5) e por un nome descritivo (Cupcake).
Na actualidade existen no mercado 4 versións principais de Android: 1.5, 1.6 2.0/1 e 2.2. De seguido analizaremos as diferentes características destas:

ANDROID 1.5 (Cupcake): Esta versión de Android viu a luz en abril do 2009, despois da primeira versión (1.0) do sistema operativo, que saiu ao mercado no terminal HTC Dream (ou G1), en outubro de 2008. No medio delas, houbo unha versión 1.1 que simplemente corrixía algún erro menor da 1.0. Entre os elementos máis destacábeis da versión 1.5 están:

– Nova interface de usuario
– Transicións animadas entre ventás
– Melloras significativas na velocidade da cámara
– Utilización de A-GPS, o que mellora o tempo de busca dos satélites
– Melloras na velocidade do navegador web (grazas á inclusión da última versión de Wbkit e SquirelFish)
– Javascript
– Posibilidade de copiar e colar e pegar texto
– Posibilidade de procurar texto nunha web
– Posibilidade de personalización dos widgets da páxina inicial
– Teclado en versión vertical e horizontal, segundo a orientación da pantalla.
– Autocorreción de texo.
– Gravación e reprodución de vídeo.
– Bluetooth Stereo.

ANDROID 1.6 (Donut): A Donut apareceu en setembro do 2009. Baseada no kernel de Linux 2.6.29, tivo unha consideración de actualización menor, posto que serviu para corrixir algúns defectos da anterior. Malia iso, aproveitaron para meterlle novas funcionalidades.

– Caixa de busca na pantalla de inicio (Quick Search Box), con busca no historial de navegación, contactos e Google.
– Novas melloras na velocidade da camara
– Conexión a redes VPN, 802.1x
– Control da batería e dos elementos que máis consumen
– Android Market: aplicacións categorizadas en 3 categorías: Aplicacións, Xogos e Descargas.
– Busca por voz

ANDROID 2.0/2.0.1/2.1 (Éclair): A versión 2.0 apereceu a finais do 2009. As principais novidades foron

– Redeseño do navegador, incluíndo soporte HTML5
– Melloras na cámara (flash nativo, zoom dixital, balance de branco, efectos de cor…)
– Melloras no teclado
– Contactos rápidos
– Bluetooth 2.1
– Facebook nativo
– Melloras en Google Maps (multitáctil, capas)
– Melloras no calendario
– Soporte Microsoft Exchange

Pouco despois, en decembro do 2009, chegou unha nova actualización (2.0.1). Con ela

– Mellorouse a estabilidade
– Mellorouse a duración da batería
– Incluíuse chamada a tres
– Melloras no GPS
– Melloras no Bluetooth
– Autofocus da cámara

En xaneiro de 2010 chegou Android 2.1, outra actualización considerada menor. As novidades desta versión son:

– Dictado de voz en calquera campo de texto
– Melloras no teclado virtual
– Galería 3D
– Zoom con xesto de ‘pelizcar’
– Melloras no Google Maps, incluíndo modo noite e sincronización dos nosos sitios favoritos
– Google Goggles
– Melloras da duración a batería

ANDROID 2.2 (Froyo): Nestes últimos días saiu a, polo de agora, última versión de Android: Froyo. De feito, a actualización OTA (Over The Air) acaba de comezar a chegar aos Nexus One en España nestes últimos días.

– Actualizacións automáticas. Xa non se nos preguntará se queremos actualizar ou non.

– Soporte para WiFi IEEE. 802.11n
– Flash 10.1 e Adobe Air 2.5
– Soporte da API gráfica OpenGL 2.0
– Tethering por USB e hotspot WiFi
– Sistema de mensaxería na nube: Api que permite enviar unha mensaxe dende a web e facelo chegar ao teléfono vía Push
– Melloras en Google Maps, posibilitando enviar posicións dende Google Maps ao teléfono
– Posibiliodade mover aplicacións instaladas (e instalalas) no teléfono ou na tarxeta de memoria SD
– Xiro da pantalla para ambos lados

ANDROID 3.0 (Gingerbread): E cos teléfonos actualizándose á versión 2.2 xa se está a falar da seguinte, a 3.0. Esta actualización está prevista para mediados de outubro deste ano e precisará duns requerimentos (recomendacións, segundo Google) de CPU de 1 GHz, 512 Mbytes de RAM e pantallas de cando menos 3,5 polgadas.

– Nova interfaz de usuario, semellante á do Google Nexus One.
– Porá fin a shells independentes (fin de HTC Sense, MotoBlur…)
– Pretende facer unha división entre gama alta (Android 3.0) e gama media/baixa (Android 2.1/2.2)

Táboa compariva: Na seguinte táboa, de abril do 2010, podése observar a introdución das diferentes versións no mercado.

Sobre o autor

Reply