Primeiros pasos en Android (II): Aplicacións básicas

Anteriormente analizamos as configuracións iniciais [conta de Google, Internet…]que debemos facerlle ao noso Androide para poder sacarlle o máximo partido. Hoxe, como continuación deste manual introdutorio, queremos comentar as aplicacións que nos parecen básicas e que non poderíamos deixar de ter no noso terminal.
A elección destas aplicacións dependerá, claro está, das nosas necesidades ou gustos, polo que para ter unha visión máis amplia pedimos a colaboración externa de Jorge Soto. Ademais, do equipo de Mallando na E-ira, Vítor e eu (Luís está en proceso de adquisición dun Androide :D).
Postos en materia, para Jorge, as aplicacións básicas son estas:
Gmail [predeterminada]: Completa aplicación do correo electrónico de Google. Xa ven preinstalada co sistema operativo Android.
Twitter [oficial]: A finais de abril aparecía a aplicación oficial do sistema de microblogging Twitter para Android [breve análise no meu blogue persoal]. Só é válida para versións de Android superiores á 2.1.
Camera 360 PRO: aplicación de pago (3.99 €), para sacarlle o máximo partido á cámara do noso teléfono
Astro: Completo explorador de arquivos por cartafoles
Abduction (xogo)
As de Vítor son:
Twidroyd: Quizáis sexa o cliente de Twitter máis usado pola súa versatilidade. Dispón de versión de pago para obter opcións avanzadas, mais a versión gratuíta é máis que suficiente.
Barcode Scanner: lector de códigos de barras e códigos QR. Moi cómodo para descargar contidos dende a web. Bastará con achegar a cámara do noso teléfono para que faga unha lectura.
Basket Ball Lite (xogo)
F1 Android 2010: aplicación básica para seguir a Fórmula 1.
SpeedCube Timer: cronómetro para calcular o tempo e levar as estatísticas do que che leva resolver o cubo de rubik.
Finalmente, as miñas son:
Twitter [oficial]
Ring Toggle: Aplicación moi sinxela para poñer en vibrador ou silencio o móbil sen ter que andar subindo e baixando na tecla de volume.
My Tracks: aplicación que, coa axuda do GPS, permite gravar un percorrido e amósacho no mapa, xunto con estatísticas (distancia, velocidade, …)
Foursquare: aplicación que che permite compartir información sobre lugares ou locais polos que pasas
Antennas: esta aplicación amósache a antena (ou antenas) ás que estás conectado, indicándoche datos como a potencia, tipo de rede ou operadora. Consume bastante batería.
Cales son as túas?

Sobre o autor

Reply