Aparece un troiano que afecta a Android

A empresa de seguridade informática Kaspersky Labs vén de descubrir un troiano que se introduce a través dos SMS e que pode facer que o noso teléfono envíe sms ou realice chamadas a números de tarificación adicional sen o noso coñecemento.
O arquivo chámase Trojan-SMS.AndroidOS.FakePlayer.a e camúflase coma un reprodutor de medios.
O rápido crecemento de Android fai que sexa un apetitoso pastel para piratas informáticos, mais non debemos preocuparnos demasiado se temos en conta algúns consellos básicos de seguranza, como o de conectar o noso teléfono a computadores limpos, limitar o acceso a redes WiFi non seguras ou iñorar ligazóns que nos cheguen por sms/mms e que non teñamos solicitado.
[Fonte da nova]: ADSLzone

Sobre o autor

Reply