Voice Actions e Chrome to Phone. O novo de Google, para Android

Xa o adiantabamos no noso Twitter, Google preparaba algo para Android, mais o que especulabamos non aconteceu: inda non tivemos novidades do Google Music, esa plataforma chamada a competir co iTunes de Apple nin de Android 3.0.
Malia iso, Google non defraudou, presentando dúas novidades ben interesantes e que pasaremos a analizar de seguido.
O que si, deberemos ter en conta que estas dúas novas aplicacións só valen para Froyo (Android 2.2).
Voice Actions

Our mobile phones have become modern-day Swiss Army knives.
An Android Phone is a handheld computer, a music player,
a GPS navigation unit and more,
all rolled into one sleek device
that fits in your pocket.
Google Mobile Blog
Como podedes imaxinar, trátase dunha aplicación deseñada para controlar totalmente o noso terminal con instruccións de voz. Grazas a ela poderemos mandarlle enviar unha mensaxe, escoitar a música que queiramos, chamar aos nosos contactos ou a empresas (busca o número en Internet), enviar correos electrónicos, abrir mapas ou obter as instrucións para o GPS.
Os comandos que debemos saber son os seguintes (de momento, só dispoñíbeis en inglés):
  • send text to [contacto][mensaxe]
  • listen to [artista/canción/albume]
  • call [empresa, busca en Internet]
  • call [contacto]
  • send email to [contacto][mensaxe]
  • go to [web]
  • note to self [nota de texto]
  • navigate to [dirección, empresa, sitio de interese]
  • directions to [dirección, empresa, sitio de interese]
  • map of [lugar]
No seguinte vídeo podemos ver como funciona (en inglés):
A aplicación está dispoñíbel no Market e é de balde. O único problema que presenta é que até o de agora só está dispoñíbel en inglés dos EEUU, polo que, de querer usalo, temos que poñer nos axustes de busca dito idioma. Esta eiva, que se correxirá nunha actualización próxima, impídenos que fagamos un “Map of A Coruña”, xa que vai ter problemas para entender A Coruña, por non falar dos nomes dos nosos contactos…
Malia iso, eu fixen a proba con enderezos en inglés (Map of New York, Navigate to San Francisco, Call to Pizzahut) e vai realmente ben.
Para mudar o idioma de busca, unha vez instalada a aplicación, ao abrila, despregamos o menú de axustes e xa nos aparece a lapela de cambio de idioma.
Pódese descargar mediante co seguinte código QR:
Máis información do seu uso, na web de Google: Voice Actions.
Chrome to Phone
Chrome to Phone é unha aplicación que levaba xa algún tempo en fase beta, pero que agora xa se fixo oficial. Componse de dous elementos, unha aplicación para o teléfono e unha extensión para o navegador de Google, Chrome.
Permítenos enviarnos ligazóns dende o ordenador ao teléfono de maneira sinxela (clicando nun botón), abrindo no terminal a aplicación correspondente (se é un número o rexistro de chamada; se é unha web o navegador e se é un mapa o Maps).
A extensión para o Google Chrome podémola baixar aquí e a aplicación acó (ollo, xa abre directamente a aplicación, polo que cómpre abrir este segundo enlace dende o móbil, xa que só está dispoñíbel no Market de EEUU).
No seguinte vídeo poderedes ver como funciona:

Sobre o autor

Reply