A aplicación oficial de Tumblr dispoñíbel para Android

Tumblr é unha plataforma de microblogging avanzado, que permite aos usuarios publicar textos, imaxes, vídeos, citas, ligazóns ou arquivos de audio. Así mesmo, dispón da posibilidade de seguir outros contactos, para que as actualizacións aparezan nunha liña temporal, de xeito similar a Twitter.
Cando iniciamos a aplicación por vez primeira, dásenos a posibilidade de entrar coa nosa conta ou crear unha nova.
O que é a aplicación en si é bastante sinxela e cunha interface bastante minimalista.
Dispón de dúas pestanas (Post e Dashboard). A primeira é a que debemos seleccionar para poñer un novo post, mentres que na segunda veremos a nosa liña temporal, con todos os usuarios que sigamos.
O único pero é que só está dispoñíbel para versións de Android posteriores á 2.1
Tamaño instalada: 566 KB
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación:

Sobre o autor

Reply