Mide áreas de parcelas co teu Android

Onte preguntábanos Dani Dorribo por unha aplicación para medir parcelas de terreo. A verdade é que non sabíamos de ningunha, e tras unha busca pola Internet, non atopamos nada semellante. Mais o que si pensamos foi nunha solución alternativa, un pouco básica e imprecisa pero funcional.
Trátase do uso de tres ferramentas:
  • A aplicación My Tracks instalada no teu móbil.
  • Google Maps
  • O programa Google Earth Pro instalado no teu computador (máis info ao longo da entrada).

Primeiro, vou falar da aplicación My Tracks, para logo explicar como sería todo o proceso de medición.

My Tracks

My Tracks é destas aplicacións que eu consideraría indispensábel, sobre todo se gustas de practicar deporte ao aire libre. Grazas a ela, poderás gravar os teus percorridos coa axuda do GPS, e coñecer en tempo real algúns parámetros como a túa velocidade ou o tempo que levas en marcha.

Ao remate da actividade poderemos ver unha táboa (imaxe da dereita) cunha estatística moi completa que inclúe parámetros como a distancia e tempos totais, as velocidades máxima e media, o tempo que estivemos en movemento coa súa velocidade media, o aumento da elevación a pendente…

Ademais, poderemos ver noso percorrido sobre un mapa (imaxe da esquerda), que como toda aplicación que fai uso de Google Maps, poderemos ver coa capa satélite.

Pero o mellor inda está por chegar: My Tracks permite enviar estas estatísticas ao noso computador dun xeito moi sinxelo: dende o menú, seleccionamos Enviar a Google e dános a escoller entre envialo a Google Maps ou Google Docs (ou ambos).
Unha vez enviado, poderemos acceder dende o noso computador a Google Maps, seleccionamos Os meus mapas e abrimos o mapa correspondente para ver o noso percorrido.
Medindo as parcelas
Chega o momento da verdade, de explicar os pasos a seguir para medir as parcelas. Para ilo, usarei como exemplo un percorrido que fixen hai algún tempo na bici.

1.- Toma de medidas e paso das estatísticas ao computador.
Este primeiro punto sería o uso da aplicación My Tracks. Empregaríamos o noso terminal segundo o descrito para gravar o percorrido e enviar os datos ao computador.
2.- Visión do percorrido.

Unha vez que temos enviado ao computador o trazado da ruta, entramos en Google Maps (sobra dicir que coa nosa sesión de Google aberta). Seleccionamos Os meus mapas e escollemos o correspondente. No meu caso, como non lle puxen ningún nome no teléfono, quedou co xenérico Recorrido 4 (pódese mudar, obviamente).

2. Selección da parcela.

Para escoller a parcela clicar na ferramenta que está sinalada co rato na imaxe inferior; ten un menú despregábel, no que seleccionaremos Debuxar forma.

A continuación, imos facendo clics axustando o percorrido, de tal xeito que nos quedará unha cousa como a que segue:

3.- Descarga do arquivo para abrir en Google Earth.

Na web de Google Maps, sobre o mapa, seleccionamos Ver en Google Earth o que descargará un arquivo *.kml, que é o formato que usan os mapas do Earth.

4.- Medición da área con Google Earth Pro.

Chegados a este punto, temos que comentar que lamentabelmente Google Maps non permite a medición de áreas, mais tampouco a versión gratuíta de Google Earth (só permite medir liñas). Para poder facer as medidas de área precisamos a versión Pro.

Pola web existen moitas alternativas, mais se queremos ser legais, podemos solicitar unha proba de 7 días. Clicando aquí teremos que cubrir uns datos (basicamente, o importante é o noso correo electrónico) e instantaneamente chegaranos unha mensaxe cunha ligazón para descargar o programa e a clave de proba.

Unha vez instalado, abrimos o arquvio *.klm que baixáramos antes coa información do noso percorrido, e seleccionamos a ferramenta Regra, e dentro dela, a pestana polígono. Segundo imos debuxando o polígono do noso percorrido, amósanos a área, no caso do meu, como podedes ver na seguinte imaxe, 2,37 km^2.

Coñeces algunha ferrenta para facer estas medicións? Non dubides en comentárnolo.

Algunhas cousas útiles:

Vídeo sobre o uso de My Tracks

QR para descargar My Tracks

Sobre o autor

2 Comments

  1. Vitor de Palas 19 Agosto, 2010 Responder
  2. iago varela 19 Agosto, 2010 Responder

Reply

Deixa una resposta a iago varela Cancelar a resposta