Leva conta do teu consumo de datos con Netcounter

Estamos acostumados a oír que as nosas tarifas de datos son ‘ilimitadas’, mais o certo é que a meirande parte das veces o son en canto á cantidade de datos a consumir, mais non en velocidade de descarga. Explícome: chegados ao consumo de ‘X’ MB, a velocidade de descarga redúcese considerabelmente, facendo practicamente imposíbel (ou certamente incómodo) actividades como a carga de fotos.
Por iso, se facemos un uso importante de Internet, pode ser interesante que nos conectemos a redes WiFi aló onde teñamos acceso a elas (na casa, universidade, …), alén de levar conta dos datos gastados.
E para isto existe unha aplicación xenial: Netcounter. Que é? Pois un contador da cantidade de datos consumidos, ofrecendo unha estatística que amosa o consumo do día, semana e mes, separando o tráfico WiFi do móbil.
Podemos resetealo cando queiramos, recomendábel cando comece o noso ciclo de facturación.
Tamaño instalada: 356 KB
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación:

Sobre o autor

Reply