Aplicacións de Twitter para Android (II): Seesmic

Despois da aplicación oficial de Twitter, tócalle o turno a Seesmic, unha aplicación diferente e en auxe que lle vai comendo terreo a outras máis extendidas coma Twidroyd.
A pantalla inicial conta con 4 lapelas na parte superior: Timeline, Replies, Messages eProfile.

Captura da liña temporal
  • Timeline: amosa a listaxe coas tweets dos nosos following, e igual cá na aplicación oficial, ten sitio para uns 5 tweets por pantalla.
  • Replies: os tweets que nos mencionan.
  • Messages: amósanos as mensaxes directas que recibimos.
  • Profile: un análise do noso usuario, dende o que podemos acceder aos nosos tweets, favoritos, Retweets, seguidores e xente que nos sigue ou listas.

Captura da páxina de Profile

Conta ademais cun gadget de escritorio que ocupa 4 iconas e na que se amosa o último tweet e ten un acceso directo a redactar.
Accedendo co botón Menú do noso teléfono, podemos acceder a Refrescar, Buscar, Compoñer un novo tweet, as listaxes, xestionar as nosas contas (admite varias) e configuracións.
Nas configuración, podemos escoller o número de tweets da nosa liña temporal (entre 20 e 200); que garde a posición dende onde se deixou de ler ou non; o tamaño do texto, notificacións por tweets, mensaxes directos ou mencións e avisos destas (vibración, ton e/ou luz), servizo de suba de fotos (Tweetphoto, Yfrog, Twitpic, Mobypicture), servizo de suba de vídeo (YFrog, Twitvid, Youtube) e servizo de acortamento de URL (Bit.ly, J.mp ou Tiniurl)
Vantaxes:
– Permite varias contas á vez
– De balde
– Válido para todas as versións de Android
Desvantaxes:
– Fáltalle botón de Novo Tweet dende a li
ña temporal, o que obriga a entrar no menú
– O mesmo coa xestión das mensaxes privadas.
Tamaño instalada: 2,54 MB
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación:

Sobre o autor

Reply