Google Maps actualízase á versión 4.6

Unha vez máis (e xa van varias este ano), a aplicación de Google Maps para Android volve actualizarse á versión 4.6, que basicamente inclúe un novo deseño para os comentarios, melloras no filtrado de resultados de busca e Google Latitude con actualización en tempo real.
  • Lugares: As páxinas de lugares teñen agora un deseño semellante á versión web do computador. Agora pódense ver comentarios e análises de lugares próximos de outros usuarios sobre Google Maps.

Vista dunha páxina con análise
    • Filtrado de busca: O filtrado de busca é agora moitomáis completo: alén de engadir a posibilidade de filtrar os resultados por calificación ou distancia, tamén se poderá facer por barrio, horario de apertura ou resultados semellantes.

    Vista de busca con filtrado
    • Google Latitude en tempo real: Finalmente, a non-moi-exitosa aplicación de posicionamento Google Latitude permite nesta nova versión do Maps a actualización en tempo real, para compartir o noso posicionamento con amigos (sempre e cando os nosos amigos conten coa mesma versión de Google Maps e Froyo, Android 2.2).
    A actualización debera ser automática, senón sempre podes forzala buscándoa no Android Market.

    Sobre o autor

    Reply