Chama de xeito sinxelo co teu número FonYou

Fonyou é un servizo novidoso que che ofrece un número de balde (previo convite, se queredes un ou máis info avisade!) para que poidas facer/recibir chamadas con el, sen ter que dar o teu número real en sitios – ou a xente – que non che inspiren demasiada confianza. Permite, entre outras cousas, interesantes configuracións antispam ou facer chamadas internacionais a prezo das estatais (grazas Vítor por este último detalle!)
O xeito de facer chamadas era, até o de agora, un tanto complicado: había que chamar ao noso número FonYou, marcar o PIN, escoller a opción de chamar nun menú e, finalmente, marcar o número. Este proceso podíase alixeirar modificando os contactos da nosa axenda con toda a ristra de números de marcación previa.
Mais agora, grazas a Phonecard Express, o proceso simplifícase notabelmente e non temos que mudar nada na axenda. Trátase dunha aplicación desenrolada por xente allea a FonYou.
Unha vez descargamos Phonecard Express, levamos a cabo as seguintes configuracións:
  1. Entramos no Menú -> Preferences
  2. Entramos en “Calling Number Delimiter”, seleccionamos “P” e confirmamos.
  3. Entramos en “Define + Handler”, seleccionamos “for international numbers, replace ‘+’ with 00”.
  4. Vóltase á pantalla de inicio da aplicación.
  5. Entramos en Menú -> Add Phonecard.
  6. Configuramos a tarxeta (ver os datos na imaxe 2) e confirmamos. *Nota: se temos desabilidado o PIN de chamada, deixaremos o campo en branco.
  7. Escollemos o contacto na axenda e selecciónase chamar.
Imaxe 1: Configuracións pasos 1, 2 e 3
Imaxe 2: Configuracións pasos 5, 6 e 7

Tamaño instalada: 484 kB

Prezo: de balde

Código QR para a súa instalación:


Fonte: Fonyou

Sobre o autor

2 Comments

  1. ifrit 8 Novembro, 2010 Responder
  2. iago varela 8 Novembro, 2010 Responder

Reply