Probamos un novo teclado para Android: MessagEase

Unha das cousas que máis se critican dos móbiles Android son os teclados virtuais. E é que usar un teclado virtual rompe con todo aquilo que tiñamos aprendido do noso terminal de sempre (Menú+* para desbloquear, etc), no que non tiñamos que mirar para o teléfono non vale.
Por iso xurden diversos teclados e do máis variado, algúns máis intuitivos que outros. Un destes teclados é MessagEase.

Imaxe do teclado
Como podemos ver na imaxe, trátase dun teclado que conta con 9 letras resaltadas, que se activan co simple xesto de facer clic sobre elas e o resto que se conseguen clicando no medio e arrastrando no sentido no que se atope a letra/caracter correspondente. Por exemplo, para poñer un “m” clicariamos no “r” e arrastraríamos cara a esquerda.
Pode parecer un tanco complicado, pero despois duns minutos practicando, conséguese. Logo, quedarte con el ou con outro, para gustos.
Nesta animación pódese probar o seu funcionamento: probar acó
Xenérico para instalar calquera teclado:
  • Baixalo e instalalo, como calquera aplicación.
  • Paso 1: Entrar en Menú > Axustes > Idioma e teclado
  • Paso 2: Activar MessagEase
  • Paso 3: En todas as aplicacións con campo de texto que a queiras usar, clicar un rato sobre o cadro de texto e Método de entrada > MessagEase.
Tamaño instalada: 1,16 MB
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación:

Sobre o autor

4 Comments

  1. ifrit 16 Novembro, 2010 Responder
  2. iago varela 16 Novembro, 2010 Responder
  3. ifrit 16 Novembro, 2010 Responder
  4. iago varela 16 Novembro, 2010 Responder

Reply