Outro teclado para Android: 8pen

O outro día probabamos MessagEase, e hoxe imos falarvos doutro teclado do que estes días se está a falar moito: 8pen.
Este teclado dispón dun punto central que divide a pantalla do teclado en 4 triángulos. Como podemos ver na imaxe anterior, as letras colócanse dende o centro cara afora en 2 dos lados do triángulo.
O xesto para seleccionar unha determinada é o seguinte: clicar no círculo centrar, sen levantar o dedo desprazalo até o triángulo no que estea a letra e xirar no sentido no que estea a letrar (horario ou antihorario) durante tantos cadrantes como posicións a separen do centro, para rematar no círculo central.
É dicir, vista a imaxe superior, para poñer ‘Ola’ faríamos os seguintes movementos:
  1. Centro, dereita, 3 desprazamentos polos cadrantes en sentido horario (ao de abaixo, ao esquerdo e ao de arriba) e volta ao centro.
  2. Centro, dereita, 4 desprazamentos polos cadrantes en sentido antihorario (ao de arriba, ao da esquerda, ao de abaixo e ao da dereita) e volta ao centro.
  3. Centro, arriba, 1 desprazamento polo cadrante en sentido antihorario (ao da esquerda) e volta ao centro.
Pode parecer complicado ao comezo, pero como vos comentaba cando falabamos do outro teclado, todo é cuestión de acostumarse.
Para instalalo, igual que calquera outro teclado:
  • Baixalo e instalalo como calquera aplicación
  • Paso 1: Entrar en Menú > Axustes > Idioma e teclado
  • Paso 2: Activar 8pen
  • Paso 3: En todas as aplicacións con campo de texto que o queiras usar, clicar un anaco sobre o cadro de texto e Método de escritura > 8pen
Tamaño instalada: 1.79 MB
Negrita

Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación:

Sobre o autor

2 Comments

  1. Anonymous 7 Novembro, 2012 Responder
  2. Iago Varela Martínez 7 Novembro, 2012 Responder

Reply

Deixa una resposta a Iago Varela Martínez Cancelar a resposta