Samsung lanza unha completa liña de accesorios para a Galaxy Tab

Durante a visita a SIMO Network 2010 puidemos asistir á presentación da Samsung Galaxy Tab, a nova tablet de Samsung, equipada con Android 2.2. Agora, o fabricante coreano vén de presentar un completo catálogo de accesorios.
Soporte de automóbil
O tamaño da Galaxy Tab, contar con GPS, tecnoloxía Google Navigation… fan que sexa o candidato axeitado para sustituír a un GPS tradcional. Con este soporte poderemos anclar a tablet ao parabrisas.
Prezo recomendado: 54.99 €
Soporte de sobremesa
Elegante plataforma para colocar a tablet para uso doméstico, alén de ser un cargador adicional de escritorio. Conta con saída HDMI, que permite conectar a Galaxy Tab a outros dispositivos como televisións, para poder ver vídeos ou fotos.

Prezo recomendado: 39,99 €
Teclado
Hai quen bota en falta nestes dispositivos un teclado físico. Con este accesorio solucíonase esta eiva, alén de ser unha ferramenta moi útil para cando se queira traballar bastante tempo coa tablet disfrutando de toda a pantalla.
Prezo recomendado: 79,99 €
Fundas
E como non, se queremos ter a nosa Galaxy Tab como o primeiro día, debemos contar cunha funda protectora. Samsung ofrece unha completa liña de fundas en diferentes materiais, dende 24,99 €

Outros

Ademais, Samsung pon no mercado outro tipo de accesorios menos ‘vistosos’, pero non por ilo menos funcionais, como cargadores de viaxe ou automóbil, étc.

Sobre o autor

Reply