Comparte as túas aplicacións con App to QR

App to QR é unha aplicación que che permite compartir as aplicacións que tes instaladas no teu Android a través dun código qr.
Ao abrir App to QR, aparece unha lista coas aplicacións instaladas no terminal, despois de seleccionar a aplicación, aparece un menú no que destacan as opcións de “Mostrar Código QR”, que o código aparece na pantalla do teu terminal e poderao ler outro que teña o Barcode Scanner instalado; e “Compartir QR”, que aparecerán as opcións habituais de compartir arquivos. Se compartes o QR por e-mail, tamén envía un enlace co enderezo da aplicación no Market.
Tamaño instalado: 44 KB
Prezo: De balde
Código QR para a instalación:

Sobre o autor

Reply