Nexus S e Gingerbread. Máis ‘pure Google’

Rumores, fotos filtradas, vídeos roubados… todo o que precede a un gran lanzamento. Pero dende onte, xa é oficial: existe sucesor do Nexus One, chámase Nexus S e xa temos información del. Ademais, parella á presentación do Nexus S, tamén se lanzou Gingerbread, a nova versión de Android
Características de Gingerbread
Como se especulaba, o Nexus S é o primeiro terminal en contar coa nova versión de Android, Gingerbread (Android 2.3). Caracterízase por unha maior velocidade, nova interface, un mellorado teclado e soporte NFC (Near Field Communication), entre outros.
  • Nova interface: melloras na barra de notificacións, interface máis limpa e iconas máis definidas. Ver en vídeo
  • Novo teclado e melloras copiar-pegar: algunhas das queixas máis habituais dos usuarios de Android son polo teclado, polo que en Gingerbread disfrutaremos dun mellorado, con máis espazo entre caracteres. Tamén se mellora, facéndose máis intuitivo, o proceso de copiado-pegado de palabras. Ver en vídeo
  • Soporte para VoIP/SIP. Con Gingerbread poderanse facer chamadas VoIP con contas SIP, con integración cos contactos. Ver en vídeo
  • Tethering. Ao igual que na versión Froyo, Gingerbread tamén permite usar o móbil como router 3G, para dotar de conexión a outros dispositivos. Ver en vídeo
  • Multitarefa. Android é multitarefa. Podes xogar e parar para escribir un correo sen ter que pechar o xogo. Escoitar música e actualizar o Twitter á vez. O que ti queiras. Ver en vídeo
  • Xestor de descargas para o navegador web.
  • Xestor multicámara
  • NFC. Trátase dun sistema polo que se poden ler chips con información a distancias curtas. Ver en vídeo
  • Melloras para desarrollo de xogos.
  • Capacidade de vídeochamada

E para os que non somos Nexus S? Google anunciou a OTA para os Nexus One para “dentro dunhas semanas”.

Características do Nexus S

O Nexus S, fabricado por Samsung, é o primeiro smartphone en contar cunha pantalla curva de 4 polgadas. Ademais, esta é máis brillante que as LCD habituais, mellorando significativamente a visión en exterior (outra eiva habitual dos smartphones, que ao sol non adoitan ser os elementos máis cómodos).
As características técnicas máis relevantes son:
  • Conectividade: multibanda (GSM 850, 900, 1800, 1900), tribanda HSPA (900, 1700, 2100), HSPA (7,2 Mbps), HSUPA (5,76 Mbps), WiFi 802.11 n/b/g, Bluetooth 2.1+ERD, NFC, A-GPS, microUSB 2.0.
  • Pantalla: super AMOLED, 234 ppi, capacitiva, antipegadas dactilares e 4.0” WVGA (480×800), curvada.
  • Tamaño/peso: 63mm x 123.9mm x 10.88mm e 129g
  • Hardware: vibrador, acelerómetro, xiroscopio, brúxula dixital, sensor de proximidade e sensor de luz.
  • Procesador/memoria: 1 GHz Cortex A8 (Hummingbird) e 16 GB iNAND flash memory
  • Cámaras e multimedia: conta con dúas cámaras. A traseira de 5 megapixeles (2560 x 1920), resolución de vídeo 720 x 480, autofocus e flash. A dianteira VGA (640 x 480). Ademais conta con jack 3.5 mm stéreo e sofware para eliminación de ruído.
  • Batería: conta cunha batería 1500 mAH de litio que lle proporciona unha autonomía de voz de 6,7 horas sobre 3G (ou 14 sobre 2G) e en espera 17,8 días (17 días!!)en 3G (ou 29,7 días en 2G).

Dispoñibilidade

O Nexus S distribuirase libre, para poder usalo con calquera operador. Estará dispoñíbel a partires do 16 de decembro nos Estados Unidos e do 20 en Reino Unido, para venta por Internet e tendas físicas.
Vídeo. A maxia do Nexus S
Máis información e fotos:

Sobre o autor

Reply