Actualízase Gmail para Android

Despois de que Google lanzase estes días o SDK de Gingerbread, tamén presenta unha nova versión da aplicación de Gmail (a 2.3.2, a mesma que leva Gingerbread), para os terminais que xa contan con FroYo.
A novidade máis importante é que inclúe Priority Inbox, o servizo de priorización de correo que podemos disfrutar na versión web dende hai xa algunhas semanas. Podemos decidir dende o menú de opcións se unha mensaxe é importante ou non.
Ademáis, pódense escoller novas opcións de notificación no teléfono, deixando só os avisos para os correos da Priority Inbox.
Alén disto, outras das novidades desta versión son a mellora na composición das mensaxes:
  • Mellóranse as opcións de resposta. É máis doado escoller entre “responder”, “responder a todos” e “reenviar”.
  • Mellórase a escolla de conta de envío (campo “De”), entre todas as contas que teñamos configuradas en Gmail.
  • Engádese a posibilidade de responder en liña (estilo conversa).
Funcionan dende Android 2.2 (FroYo) e hai que facer descarga manual dende o Market ou usar o QR que vos ofrecemos máis abaixo.




Tamaño instalada: 5,62 MB


Prezo: de balde

Código QR para a súa descarga e instalación:

Sobre o autor

Reply