Actualización manual de HTC Magic a Froyo

A continuación imos ver como instalar manualmente a actualización da HTC Magic de Vodafone á versión 2.2.1 partindo da versión 1.6 e sen ROOT.

Primeiro convén lembrar, que é recomendable facer unha copia de seguridade de todos os datos que poidades perder, xa que igual é preciso que restaurar os valores de fábrica. Isto non significa que perdades a actualización, simplemente borra as aplicacións e datos que non pertencen ao sistema operativo. Copia de seguridade:

  • Imaxes da cámara.
  • Unha lista coas aplicacións instaladas.
  • Lista dos marcadores do navegador web.

Mallando na e-ira non se fai responsable dos danos que poida sufrir o terminal, nós fixémolo  e resultou sen ningunha complicación. Procedemos coa instalación:

  1. Descargar este arquivo, metelo no directorio raíz da sd,e renomealo a “update.zip”. Podedes facer todo isto dende o propio terminal.
  2. Apagar o terminal e pulsar simultaneamente HOME + POWER para inicialo. Aparecerá unha pantalla de exclamación na que deberedes volver pulsar HOME + POWER.
  3. Elixir a opción “Apply sdcard:update.zip” no menú que aparece. Agora, tras pouco máis dun minuto e reiniciar varias veces, volverá iniciar con normalidade.
  4. Borrar o arquivo “update.zip”.
  5. Descargar este outro arquivo, metelo no directorio raíz da sd e renomealo a “update.zip”. Tamén o podedes facer dende o terminal.
  6. Apagar o terminal e pulsar simultaneamente HOME + POWER para inicialo. Aparecerá unha pantalla de exclamación na que deberedes volver pulsar HOME + POWER.
  7. Elixir a opción “Apply sdcard:update.zip” no menú que aparece. Igual que no paso 3, tamén se reiniciará varias veces, pero agora o tempo de espera será maior, aproximadamente duns dez minutos. Despois iniciará con normalidade aínda que tardará bastante máis do habitual por ser a primeira vez que se inicia.

Unha vez iniciado coa actualización, non me deixaba ver as aplicacións do menú de aplicacións,  non probei a reinicialo porque xa tiña intención de restablecer os valores de fábrica, pero igual chegaba con reiniciar o terminal. Se non deixa ver as aplicacións, para poder restaurar os valores de fábrica, cando estamos no escritorio pulsamos sobre a tecla MENU e despois “Ajustes”, “Privacidad” e “Restablecer datos de fábrica”. Agardades un anaquiño, e despois xa reinicia como saído da tenda :D.

Titorial guía vía Soy Androide.

Sobre o autor

4 Comments

  1. Chimpin 19 Decembro, 2010 Responder
  2. iago varela 19 Decembro, 2010 Responder
  3. Chimpin 19 Decembro, 2010 Responder
  4. Vitor de Palas 19 Decembro, 2010 Responder

Reply