Convirte o teu smartphone nun mando a distancia para YouTube.

Android conta cunha aplicación pensada para que disfrutemos de todo o streamming de YouTube sen movernos do sillón (da cama ou onde sexa): YouTube Remote.
Unha vez instalada a aplicación e logueados coa nosa conta de YouTube (ou Gmail, se temos sincronizadas as contas YouTube-Gmail), deberemos asegurarnos que na “pantalla grande” na que queramos reproducir os vídeos teñamos iniciada sesión co mesmo nome de usuario. Feito isto, entraremos no enderezo http://www.youtube.com/leanback
A partires de aí, dende o noso smartphone poderemos buscar e reproducir vídeos, subindo e baixando o volume. Vamos, o que vén a ser un mando a distancia convencional.
Tamaño instalada: 1,38 MB
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación (ou ligazón aquí):

Sobre o autor

Reply