O Android que vén. Vímolo no CES 2011

O CES 2011 serviu de menú do que de seguro será o ano de Android, o sistema operativo para terminais móbiles e Google, que día a día non deixa de medrar.
Dunha banda, remataron as dúbidas sobre Honeycomb, a versión 3.0 de Android pensada especialmente para tablets. Púidose ver a súa interface e coñecer dúas apostas que veñen pisando forte, Motorola Xoom (da cal xa falamos hai uns días)  e LG G-Slate, que podemos ver no seguinte vídeo:
Preguntámonos que vai pasar agora coa Samsung Galaxy Tab. Quedará con FroYo ad aeternum ? Sexa como for, Dell tamén se apunta ás tablets de 7 polgadas e Froyo coa Dell Streak 7, un modelo 4G.

En canto a smartphones, presentáronse gran cantidade de terminais Android moi apetecíbeis tanto polas súas características técnicas como polo seu deseño especialmente coidado, e que complican decantarse por un ou outro.

Motorola Atrix


Un superteléfono. É a palabra que mellor define a este terminal de Motorola, dotado dun procesador de dobre núcleo, 1 GB de RAM, pantalla de 4 polgadas en alta definición, cámara de 5 megapíxeles con flash LED e FroYo, mais actualizábel a Gingerbread.

Ademáis, chama atención o dock que o acompaña e que podedes ver no seguinte vídeo: si, é un dock con forma de portátil, como vos quedades?

Sony Ericsson Xperia ARC
Sony Ericsson sorprendeu con terminal de coidado deseño tan só 8,7 milímetros de grosor. É dos terminais que xa vén con Gingerbread instalado e conta cun procesador de 1 GHz, 4,2 polgadas e cámara de 8,1 megapíxeles.
Paga a pena pararse a ver todos os seus ángulos neste vídeo

LG Optimus Black
O LG Optimus Black conta con tecnoloxía NOVA, que permite reducir até nun 50% o consumo de enerxía respecto a pantallas Amoled, como podemos ler en Xataka. Virá equipado con FroYo, pero actualizarase a Gingerbread.
Motorola Droid Bionic
Trátase dun terminal de tecnoloxía 4G, por todo o demáis de características semellantes ao resto: procesador de dobre núcleo, 4,3 polgadas, gravación en alta definición, cámara de 8 megapíxeles… vén con Froyo actualizábel a Gingerbread
Dell Venue

Alén da tablet, Dell tamén presentou un terminal Android con Froyo. Cámara de 8 megapíxeles, 4,1 polgadas…
Para pensar

E xa para rematar, unha imaxe para a especulación… falamos moito de Froyo (2.2), Gingerbread (2.3)… agora Honeycomb (3.0). Haberá Android 2.4? Aseguran que esta imaxe está tomada nun Xperia Arc

Sobre o autor

Reply