Melloras en Google Translate

Inda non falaramos no noso blogue de Google Translate, a aplicación Android do cooñecido tradutor de Google. A súa funcionalidade é semellante á versión web: tradución de palabras soltas ou textos.
Até o de agora, xa se podía introducir vía voz o que quixéramos traducir, mais nesta nova versión ofrécesenos a posibilidade de ter o modo conversa, o que nos pode facilitar as cousas cando nos atopemos perdidos nun país do que non coñecemos o idioma, por exemplo.
Google Translate está dispoñíbel en 53 idiomas, dos cales tan só 17 aceptan este modo (o galego non está nesa listaxe).
A aplicación só se pode instalar para versións de Android superiores á 2.1.
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación:

Sobre o autor

Reply