Samsung Movies dispoñíbel en España

Cando asistimos á presentación da Galaxy Tab en SIMO Network 2010 xa nos adiantaban que tería acceso a Samsung Movies, o servizo de alugueiro de filmes de Samsung, accesíbel tamén dende outros terminais móbiles, como o Galaxy S.
Estes días vense de pór en marcha a versión española, ofrecendo o catálogo con películas neste idioma.
Para ter acceso a este servizo, débese visitar www.samsungmovies.es e rexistrar o dispositivo. A partires de aí, poderase acceder ao catálogo de filmes, cuxos prezos por 24h oscilan entre os 0,99 € e os 1,99 €, para as cintas máis recentes.

Sobre o autor

Reply