Google Maps 5.1. Agora con check-in incorporado

Para moitos, é a mellor aplicación do seu smartphone. Sexa como fór, o certo é que Google mima Maps, con actualizacións constantes (reseñas anteriores I e II), ás que vai engadindo novas funcionalidades.
Dende hoxe temos no Market a versión 5.1, que incorpora a posibilidade de facer check-in ao estilo doutros servizos máis coñecidos como Foursquare. Ben, quizáis debéramos dicir que dun xeito diferente a Foursquare. Os de Mountain View comentan que os seus check-in’s son diferentes, xa que Latitude detectará automaticamente a nosa situación para propoñernos que nos rexistremos nos sitios do noso arredor.

Ademáis, incorpora a posibilidade de facer check-in’s automáticos nos lugares que programemos (existen aplicacións de terceiros que permiten facer isto con Foursquare), así como tamén algo novidoso: check-out’s, para indicar aos teus contactos que xa non estás nesa situación.

No seguinte vídeo (en inglés) podemos ver dun xeito máis gráfico as novas funcionalidades.

Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación (ou ligazón aquí):

Sobre o autor

Reply