Samsung quenta motores e LG presentará o seu primeiro teléfono 3D #mwc11

Xa vos anunciamos que Samsung tiña previsto presentar a evolución do Galaxy S durante o Mobile World Congress de Barcelona.

A través dunha web especial, vai quentando motores cunha conta atrás até a presentación que será o domingo 13 de febreiro e á que asistirá Mallando na e-ira para contárvolo en directo. Mentres tanto, podemos ver este vídeo que xa nos pon os dentes longos…

Pola súa banda, LG anunciou nun comunicado que presentará en Barcelona o seu primeiro terminal 3D, para o cal conta cunha dobre cámara que fai ese efecto, tal e como explicáramos nunha LDK hai algún tempo.
Imaxe: Phandroid

Sobre o autor

Reply