Samsung presenta o Galaxy S II #mwc11

Dende o CES de Las Vegas tiñamos claro que Samsung gardaba toda a artillería para o Mobile World Congress. Hoxe podemos ver que xa é unha realidade.
No evento, JK Shin, presidente da compañía, gabóuse da cifras de venda do Galaxy S, con máis de 10 millóns de terminais vendidos. Estas cifras fixeron que Samsung se interesase por continuar a saga, presentando a sucesión da Galaxy S
A sucesión do Galaxy S chámase Samsung Galaxy S II
O sucesor do Galaxy S é un terminal dotado de Gingerbread (Android 2.3), algo a resaltar, tendo en conta que os Nexus One inda non recibiron dita actualización.
Conta cunha pantalla super Amoled de 4.3 polgadas moi fluída. Coa claridade que ten, é moi boa para ler, polo que conta cun acceso directo a e-books e revistas da man de Samsung. A súa gran calidade, tamén a fai interesante para a navegación web.
Ten un procesador de doble núcleo de 1.2 GHz (o que permite que o terminal arranque moito máis axiña), HSPA+, Bluetooth 3.0, conectividade wifi a/b/g/n e NFC (Near Field Communication), esa noa nova función por achegamento que trouxo como novidoso o Nexus S e permite facer pagos, entre outros.
Impresiona a resposta ás fotos, tan só 0,01 segundos e, por suposto soporte para Adobe Flash. Grava en alta definición (1080 pixels) e a súa cámara de fotos é de 8 megapíxeles con flash led. A cámara dianteira, pensada para a videochamada, é de 2 megapíxeles. Conta tamén coa tecnoloxía Allshare, coa que podemos compartir vía WiFi fotos, vídeo e música para reproducilos na televisión ou nunha tablet.
Samsung decidiu apostar neste terminal polas solucións de voz: recoñecemento e tradución. Co Galaxy S II podemos dicirlle, literalmente, ao móbil que nos envíe un sms a un determinado contacto.
En canto aos xogos, o seu procesador faino ideal, xa que permite gran rapidez e calidade. Co acelerómetro e o xiroscopio a experiencia é total. Malia iso, véndennos o terminal como pensado para un uso profesional, con total sincronización con Microsoft Exchange, seguridade grazas á encriptación e telefonía IP grazas a unha estreita colaboración con CISCO.
Ademais, todas estas características en tan só 116 gramos e un ancho de 8.49 mm, sendo o terminal máis delgado até o momento. A súa batería, de 1650 mAh, algo positivo, xa que como sabemos este tipo de terminais caracterízase por un consumo elevado

Sobre o autor

Reply