A keynote de Eric Schmidt, CEO (en funcións) de Google #mwc11


Como non, nun evento no que Android está a ser o gran triunfador, unha keynote do CEO de Google é o relatorio máis agardado. Eric Schmidt chegou, falou e conquistou.

Comentou o CEO de Google (posto que deixará en abril) que o sistema operativo móbil Android ten a día de hoxe 300.000 activacións novas cada mes, e que o Android Market multiplicou por 3 o número de aplicacións nos últimos 9 meses, cifras que confirman unha tendencia a seguir crecendo postos.

“Todo dispositivo conectado á nube resulta máis interesante”. Schmidt reafirmouse nunha idea de sobras coñecida: Google aposta forte pola computación na nube e afirmou que a día de hoxe os desarrolladores de aplicacións pensan antes nos terminais móbiles, xa que “neles está o futuro”.

“Hai un ano dixen que as vendas de móbiles superarían ás dos PC en 2 anos. Como de costume, equivoqueime: foi a semana pasada”. Eric, que se confesou entusiasta da tecnoloxía que crece a pasos de xigante dixo que, malia ter teléfonos cada vez máis potentes e intelixentes, inda queda moito por avanzar: “por que non nos din as nosas constantes vitais ou temperatura corporal?”

Pero non todo foron reflexións do CEO. Google tamén aproveitou a ocasión para presentar oficialmente Video Studio, unha aplicación para tablets con Honeycomb (Android 3.0), que permite crear vídeos a partires da unión de fotografías e vídeos, con pistas de audio, transicións, étc. Unha especie de Movie Maker para Android, iso si, con botón social para que compartilo (en YouTube por exemplo) sexa do máis sinxelo.

Sobre o autor

Reply