gAppsLauncher, simplifica o acceso ás aplicacións de Google

O desarrollador galego Kix2902 vén de poñer no Market unha aplicación chamada a facilitarnos a vida a quen dependemos das aplicacións e servizos de Google para – case – todo: Gmail, Calendar, Docs, Maps… Chámase gAppsLauncher e grazas a ela poderemos ter un acceso directo a todos estes servizos  de Google dende un mesmo widget configurábel ao noso gusto.
Este widget está dispoñíbel en 3 tamaños: 4×1, 2×1 e 2×2; malia iso, permite incluír máis aplicacións que as habituais. Así, por exemplo, no de tamaño 4×1 poderemos engadir até 6, co que melloramos de xeito notábel a experiencia de usuario. 
Imaxe con varios tamaños de widgets
Poderíamos resaltar dous aspectos de gAppsLauncher por riba de todo. Dunha banda, a vistosidade do widget, dispoñibel nunha versión con fondo negro e noutra transparente, para quen queira visualizar o seu fondo de pantalla. Doutra banda, o outro aspecto destacábel é o grao de personalización que permite, xa que poderemos escoller entre o acceso aos servizos de Google dende a aplicación oficial correspondente ou, se o preferimos ou se só existe versión web, a través da web.
Menú de configuración
Vaia pois unha recomendación a que instaledes esta aplicación, sen dúbida non vos defraudará.
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación (ou ligazón aquí): 

Sobre o autor

Reply