A aposta de Sony Ericsson por Android non quedou reducida ao Xperia Play do que xa vos falabamos, senón que tamén se animaron a lanzar outros novos terminais, como o Xperia Neo ou o Xperia Arc.
Xperia Neo
Pantalla de 4 polgadas, procesador de 1 GHz, RAM de 512 MB, porto HDMI, dobre cámara (frontal de 1.3 e traseira de 8 MP). Vamos, todo un superteléfono que ademáis vén equipado con Gingerbread.
Xperia Arc
Por outra banda o Xperia Play, outro Gingerbread que destaca por un aspecto moi profesional, de terminal consistente. Pantalla de 4,2 polgadas, HDMI, procesador de 1 GHz… vamos “o típico.
Pois xa sabes, se tes algunha dúbida non dubides en preguntar! 😀
Aínda estou dubidando se unirme ao clube Sony Ericsson ou ao HTC… 🙂