Novo blogue Mallando no Android

Froito do nacemento da rede de blogues nucleada arredor de Mallando, pomos en marcha este novo espazo: Mallando no Android. O nome soaravos, non por novo, xa que coincide co nome da sección que ocupaba Android no blogue de Mallando orixinal.

Este novo blogue conta cun dominio propio, accesíbel dende www.mallandonoandroid.com, polo que vos recomendamos que nos engadades ao voso lector de feeds preferido.

Malia todo, este nacemento é un tanto especial, xa que non partimos de cero: temos importadas todas as entradas sobre Android que había en Mallando, para que as poidades consultar. As diferentes seccións irémolas completando nos vindeiros días.

Xa para rematar comentar que en breve levaremos a cabo un concurso no que sortearemos algunha cousa. Non perdas ollo!

Sobre o autor

Reply