ADW Launcher, personaliza o teu Android

Para comezar, dicirvos que por Launcher enténdese tanto a barra onde se sitúa o acceso ao menú como o propio menú. Cada teléfonos trae un propio, que pode ser o da versión de Android correspondente ou o que poña o fabricante. ADW proponos unha forma sinxela de cambiar a apariencia destes e personalizalos como máis nos guste.

ADW Launcher danos infinidade de opcións, non só visuais, senón tamén de acceso deixándonos modelar as pantalla de inicio e a barra de menú completamente ao noso gusto, permítenos ampliar ventás en ambos sentidos, implantar funcións novas e accesos, rotación de pantalla para os modelos onde non se permitía e moitas máis.
Pero se algo fai índa mellor a este Launcher é a infinidade de temas dos que dispón un no Market para personalizar o seu Android sen ter que gastar nada, temas como Honeycomb (aínda en beta), Sense, Androidphone7 ou Ubuntu entre moitos; o bo disto é que nunca vos aburriredes porque hai infinidade deles para probar.
ADW Luncher é unha aplicación gratuíta, está dispoñible para as versións 2.0 e superiores a través do Market ou do seguinte QR:

Sobre o autor

Reply