Leva ao teu pequeno Android a esquiar

Xa que o noso androide sácanos as castañas do lume no día a día, que mínimo que levalo connosco cando imos de vacacións. E se imos de esquí, non vai ser para menos. Así que hoxe imos ver algunhas aplicacións para desfrutar da nosa estancia na neve.
Estaciones de esquí
É unha aplicación moi sinxela e lixeira que nos dará información básica para as estacións de esquí de toda España: estado, tipo de neve, aberta/pechada, remontes abertos, km esquiábeis…
Ademais permite visualizar as webcams naquelas estacións que dispoñen do servizo.
É gratuíta e podémola baixar do Android Market.
Pistas de esquí
É unha aplicación elaborada por RTVE moi semellante á anterior, iso si, cunha interface moito máis vistosa, inda que sen a posibilidade de ver as cámaras web.
Tamén é gratuíta e está no Market.
Minube Esquí
Un concepto diferente é o desta aplicación, que non só nos amosa o estado das estacións senón que ademáis permite atopar cales son as que nos quedan máis preto e que reúnan unha serie de condicións que elixamos (Km esquiábeis… étc).
Ademais, permite coñecer destinos próximos á estación, lugres onde xantar, rincóns que descubrir pola zona da estación… vamos must install.
Atopámola de balde no Market.

Sobre o autor

2 Comments

  1. pintafontes 13 Marzo, 2011 Responder
  2. iago varela 13 Marzo, 2011 Responder

Reply

Deixa una resposta a pintafontes Cancelar a resposta