Nvidia TegraZone: escaparate para Tegra 2

Se estivésedes atentos os seguimento que se lle fixo desde este blogue o MWC deste ano dariádesvos conta de que a maioría de terminais que saen levan nas súas entrañas o procesador Nvidia Tegra 2. Incluso Samsung anunciou recentemente que o Galaxy S II contará cunha versión co citado procesador. 
Aproveitando as circunstancias Nvidia sacou o Market unha tenda onde atopar as aplicacións que sacan do procesador todo o seu potencial.
Cal é a principal diferenza co Market orixinal?
Pois que na TegraZone terás dispoñible análises de especialistas, fotos e tráilers en alta definición e algúns extras máis, pero á hora da verdade a aplicación descargase do Market coma todas. 
Todo isto vén co galo de que Sony acaba de anunciar que as súas aplicacións, parte fundamental do XperiaPlay, estarán dispoñibles a través desta tenda. Desta plataforma pouco se sabe, Sony xa anunciou cales serían so primeiros lanzamentos, estando entre eles Wild Arms, Cool Boarders 2 e Syphon Filter, e xa se rumorea sobre a posibilidade de que porten xogos da PlayStation 2.
Na miña modesta opinión, Google debería controlar este tipo de cousas para que non se divida máis o entorno Android, xa dividido de por si.

Para quen lle interese tedes a aplicación TegraZone no Market.

Sobre o autor

Reply