O teu Android axúdache a facer a colada

Se entráchedes a ler isto inferindo polo título que íamos descubrir como o robotiño verde tendía a roupa e pasaba o ferro, lamentamos a confusión. O que traemos hoxe é unha aplicación que nos axuda a descifrar as iconas que aparecen nas etiquetas das prendas de roupa (non, non son xeroglíficos exipcios de adorno :P).
Trátase de LaundryMate, unha aplicación que non só nos dirá como será se debemos lavar a man ou en auga fría, senón que ademais ten consellos sobre texidos.
Vamos, o compañeiro perfecto para novos emancipados. Ah! É de balde e está no Market para todas as versións de Android!

Sobre o autor

Reply