Un "xiro máxico"… e o teu móbil en silencio ou cos datos desactivados!

Non, non é maxia, é tecnoloxía. A meirande parte dos terminais actuais contan con acelerómetro, algo do que a aplicación Giro Mágico fai poder levar a cabo un par de accións (xuntas ou por separado): poñer o móbil en silencio e/ou cortar o tráfico de datos.
A nível usuario, o funcionamento é moi sinxelo: ao poñer o terminal boca abaixo levará a cabo a acción que teñamos programada. Algo cómodo se entramos nunha clase ou nunha reunión de traballo co tempo xusto e non queremos poñernos a fedellar no teléfono.
Para iniciar a aplicación é preciso engadir o widget de escritorio e telo activado (ten unha icona que imita unha panca), e na configuración deberemos ter especificado que acción se levará a cabo ao facer o movemento. Ademais, poderemos elixir se a aplicación se activará por defecto ao acender o terminal ou non.
Trátase dunha aplicación gratuíta para androides 1.6+ que podemos atopar no Market.

Sobre o autor

Reply