Read it later. Porque agora non podo nin quero

Estás lendo un artigo que che interesa, pero botóuseche o tempo enriba e tes que marchar… Parece que o contan acó está bastante ben, pero non tes a cabeza centrada agora mesmo… tranqui, existen solucións, e Read it later é unha de elas.
Olvídate de ter tweets favoritizados, auto-correos electrónicos con ligazóns, marcadores… con Read it later terás nunha única listaxe todos os artigos que vaias engadindo, sen importar se os metes dende o navegador do escritorio, dende o móbil ou dende as máis e 130 aplicacións que soportan a aplicación.
Pero ademáis conta con servizos avanzados, como o Article View, que dá un aspecto mellorado aos artigos, axustando o texto, a fonte ou o axuste de páxina. Tamén dispón de modo de lectura sen conexión á rede, descargando os artigos no noso terminal para telos dispoñíbeis sempre, esteamos onde esteamos.
Ten un prezo de lanzamento de 0,72 € e funciona en androides a partires da versión 2.1. Atopádela no Market.

Sobre o autor

Reply