Presentada a Galaxy Tab 8.9 e a revisión da 10.1. Gústannos

Como xa nos contaba onte Iago, a nova versión da tablet de Samsung foi presentada hoxe nun evento da compañía onde se falou tanto da nova versión de 8.9 polgadas coma da versión de 10.1, e é que a pesar de que xa críamos coñecer a Galaxy Tab de 10.1 polgadas esta sufrirá algún pequenos cambios de cara a ser máis competitiva no mercado, vexamos:

En primeiro lugar falar da Galaxy Tab 10.1 que sofre algúns cambios, o primeiro é unha redución de peso e grosor pasando a ter 8,9mm de ancho e un peso de 595 gramos, ademais perde 5 Mpx da súa cámara traseira quedando en 3Mpx, aínda que mantén a posibilidade de gravar a 1080p.
Pero non son todo perdas pois nesta actualización recibe unha maior conectividade engadindo LTE e Wimax e o engadido de contar coa personalización TouchWiz UX propia da casa.
Respecto a Galaxy Tab 8.9 pouco podemos engadir despois de ver que todo o visto onte por Iago non fixo máis que confirmarse neste acto de Samsung, poucas diferenzas se poden ver entre unha tablet e outra agás do tamaño das pantallas, o peso (470g), a gravación de vídeo (720p) ou o prezo, que por certo xa anunciaron onte, xunto coa súa dispoñibilidade, prevista para o 8 de xuño
Respecto os prezos a cousa queda para as versións Wifi da Tab 10.1 en 499 dólares para a versión de 16XB e 599 para a de 32, sendo os prezos para a de 8.9 polgadas de 469 e 569 dólares respectivamente.
Evidentemente ambas contarán con todo o potencial de Honeycomb nas súas entrañas. Xunto as tablets Samsung tamén presentou algúns accesorios e advertiu que poden existir diferenzas no aspecto final das tablets. Pola nosa parte solo cabe esperar a que cheguen e ver se os prezos seguen sendo competitivos cando se actualicen o euro.
Deixámosvos cun vídeo dos compañeiros de Engadget.

Con cal vos quedades vós?

Sobre o autor

Reply