Xoga na 3DS co teu Android

Supoño que a maioría dos que ledes este blogue saberedes que a saída da nova consola de Nintendo é máis que inminente, e que entre a súas novidades presenta a posibilidade de xogar a pequenos xogos mediante realidade aumentada e as AR cards. Pois en Android xa contamos cunha aplicación deseñada para non botar nunca en falta as nosas AR cards.

Cun nome tan traballado coma 3DS AR Cards presentásenos esta aplicación ben sinxela que o que fai é presentarnos todas as cards existentes nun formato dixital lexible polas cámaras da consola, para que nada che impida botar unhas partidiñas.

Se non coñecedes os xogos dos que estou falando recoméndovos que vos pasedes por este vídeo dos compañeiros de engadget e o comprobedes. 3DS Cards está dispoñible no Market de forma gratuíta e para versión 1.5 e superiores. A xogar!

Sobre o autor

Reply