Kyocera Echo bota a andar

Xa fai tempo que Kyocera anunciou o seu terminal Echo, un terminal que para os que non o coñezan conta coas principais virtudes de ter dúas pantallas de 3,5 polgadas que se poden usar tanto por separado coma xuntas e contar con Android.

Pois a cuestión é que xa fai tempo que a compañía estado unidense Sprint presentou o citado terminal con saída en poucos meses, pero os meses pasan e ao fin temos movementos de parte de Kyocera, que acaba de sacar publicamente un paquete de desenvolvemento e promete un Android Developer Program para poder sacarlle todo o partido as dúas pantallas. Pero non só iso, ademais se es programador e estas interesado en programar para o Echo podes poñerte en contacto con Kyocera para que te deixen un terminal, sempre que cumpras as súas condicións.
As dúbidas sobre este terminal persisten xa que aínda non se sabe se chegará a Europa e ate que se empece a comercializar non poderemos comprobar como se comporta a batería tendo que mover dúas pantallas. Déixovos cun vídeo no que podemos ver o terminal.

Sobre o autor

Reply