Todas as Motos no teu Android

Hai pouco falabámosvos da aplicación oficial para Android da F1, hoxe o que vos traemos é MotoGp Timing 2011, a aplicación oficial para as motos desta tempada. Unha aplicación que permite seguir con todo tipo de detalle o que está pasando no circuíto, deixa escoller entre un punto de vista global ou seguir a un piloto en concreto, seguir os tempos o detalle e moito máis. 
Como é normal nunha aplicación oficial permíteche seguir calquera das tres cilindradas, 125cc, Moto2 e MotoGP.

Seguramente o peor desta aplicación sexa o seu prezo que se sitúa en 18,18€, aínda que para os afeccionados que non podan seguilas normalmente non suporá un gran gasto por todo o material que pon a súa disposición. 
Esta aplicación está dispoñible no Market para versións 1.6 e superiores.

Sobre o autor

Reply