Poderanse executar aplicacións de Android na Playbook (a través de emulador)

O pasado febreiro, cando visitamos o Mobile World Congress de Barcelona, estivemos probando a tablet de BlackBerry (PlayBook), que por certo gustounos moito.

Pero o que polo daquela era un rumor, hoxe é unha realidade, e é que a BlackBerry PlayBock poderá executar aplicacións Android, mais non directamente. É dicir, farase a través de dúas aplicaciones que se poderán descargar da BlackBerry App World (vamos, o seu Market) e farán de emulador para poder executar as aplicacións Android.

Iso si, os desarrolladores que queiran que as súas aplicacións poidan ser executadas no dispositivo de RIM terán que presentalas ao App World e facer unha pequena transformación, inda que esta será algo moi sinxelo, segundo apuntan dende BlackBerry.

Un paso máis na expansión de Android, seguro que a máis de un lle gusta isto.

Sobre o autor

Reply