Saca unha foto, aplícalle un efecto e compártea co mundo

Levo uns días empregando Picplz, unha aplicación que permite aplicarlle certos efectos ás nosas fotografías, mellorándoas ou simplemente mudándoas por diversión, e que logo poderemos compartir a través de diversas redes sociais. A verdade é que teño que confesar que me gusta moito e inda que o número de filtros aplicábeis é limitado, dá moito xogo.
Ten dous xeitos de funcionar, ambos ben sinxelos. Un deles consiste en entrar na aplicación para sacar a foto e proceder a aplicarlle algún filtro, mentres que o outro é acceder dende o menú “compartir” despois de ter sacada unha foto.
Entre os filtros dispoñíbeis temos varios de estilo antigo, branco e negro, alto contraste ou cámara de xoguete. Logo de terlle aplicado o filtro que máis nos guste poderemos compartir a nosa ‘creación’ a través de Twitter, Facebook, Flickr, Tumblr, Posterous e Foursquare, así como tamén subilas ao noso cartafol de Dropbox.
Exemplo de imaxe procesada con Picplz
Temos a aplicación dispoñíbel no Market de balde, iso si, só para +2.1

Sobre o autor

Reply