Motorola estaría traballando nun sistema operativo propio. Bye bye Android?

A Motorola gústalle moito Android, non hai máis que ver o potente arsenal de terminais dotados de Gingerbread ou a Xoom, a primeira tablet en saír ao mercado con Honeycomb, a versión de Android para tablets.
Sen embargo, diversos rumores apuntan á posibilidade de que a compañía estivera traballando no desarrollo dun sistema operativo propio de cara a marcar as diferenzas sobre a competencia, sistema que estaría orientado tanto a tablets coma a smartphones.
Estes rumores paracen cobrar forza ante o recrutamento de diferentes profesionais de compañías tan destacadas como Apple ou Adobe, que levarían arredor de catro meses traballando no novo sistema operativo de Motorola.
Que vos parece o tema? Preferides terminais con Android puro ou tuneado polos fabricantes? Considerades positiva a aparición de sistemas operativos propios das marcas ou un retroceso? Como credes que sería o desarrollo de aplicacións?

Sobre o autor

Reply