O Galaxy S II chegará antes do verán e cunha completa gama de accesorios

Estamos desexando telo entre nós, falamos do Samsung Galaxy S II, un terminal de características sobresaíntes cun deseño ultrafino, que descubrimos durante o MWC2011.
Samsung confirmaba a través de Twitter hai uns días que este terminal estará dispoñíbel antes do verán no noso país, e virá acompañado dunha completa gama de accesorios, entre os que se inclúe un dock de escritorio, varios conectores (adaptador a USB para copiar datos a unha memoria USB, por exemplo) ou unha funda protetora con batería extra incorporada.
Que che parecen estes gadgets adicionais? Faríaste con eles?
Dock de escritorio
Funda protectora – batería extra
Adaptador HDMI
Adaptador USB

About The Author

Reply