A chegada da nova versión do archicoñecido navegador web de Mozilla, o Firefox, trouxo consigo tamén a aterraxe no Android Market da primeira versión non-beta para Android: Firefox 4 (nome orixinal, eh?).
E que podemos esperar del? Pois fluidez na navegación, sincronización total co noso navegador de escritorio (poderemos abrir rapidamente as pestanas abertas no noso ordenador) e, sobre todo, personalización.
A personalización verémola en canto a que poderemos instalar complementos para – case – todo, mentres que a sincronización afecta a aspectos como o historial, marcadores, pestanas e contrasinais, coa comodidade que iso supón.
Destacar tamén a facilidade de uso, que resulta moi intuitiva, permitindo abrir novas pestanas e mudar entre elas dun xeito moi sinxelo.
Pódese descargar dende o Android Market de balde, iso si, só para versións de Android +2.0
Os seareiros do panda vermello (non, a mascota de Firefox non é un raposo) xa teñen unha nova disculpa para seguir disfrutando do seu navegador favorito, tamén en Android.
Tanto tempo agardando por esta app e a mín non me deixa instalala en HTC Legend con froyo 🙁
Non sei se será por resolución da pantalla ou por outro motivo.
Tras probalo un par de veces a verdade non me terminou de convencer. Deume problemas cos videos e non conseguín poder mirar algunhas páxinas co modo escritorio. Saltaba sempre o modo mobile.
Por agora prefiro Skyfire
Alex, estiven a mirar o que comentaches e efectivamente non está dispoñíbel para o Legend, que conta cun procesador ARMv6. A aplicación está optimizada para Nexus One e terminais con ARMv7, como se pode ver acó: https://wiki.mozilla.org/Mobile/Platforms/Android
Anónimo, eu o estiven a probar e non me deu problemas. Certamente houbo cousas que me gustaron máis ca outras. Iso si, non é o navegador que emprego no meu Android, xa que en escritorio uso Chrome
Efectivamente, xa desde hai tempo se repiten as novas sobre a disponibilidade de Firefox 4 para Android 2.0, pero eu nunca puiden instalalo. Pero en moi poucos sitios se explica que o hardware do teléfono tamén é unha limitación, ademais da versión do sistema operativo.
zorro –> raposo. Un saúdo.
Xa está corrixido. Graciñas!