Xoga ao tres en raia con TicTacDroide. Porque hai xogos que non pasan de moda

Quen máis e quen menos, todos xogamos algunha vez ao sonado “3 en raia”, un xogo sinxelo pero que serve para matar o tempo. A chegada de novos xogos, eses de gran potencia gráfica, non fan desaparecer os xogos de sempre, que malia o paso do tempo seguen a ter éxito.
TicTacDroide permite xogos deun único xogador (contra a máquina) ou multixogador nun mesmo teléfono, dando opción a elixir o xogador que comeza a partida, así como outras opcións de personalización e efectos (sons, vibración, animacións…).
É de balde e vale para todos os androides. Animádesvos a retar ao Android?

Sobre o autor

Reply