Astrid un xestor de tarefas que será como a túa nai

Se hai algo que non nos esquecemos de levar enriba todo o día iso é o móbil, vaiamos onde vaiamos el sempre nos acompaña, será por iso que a idea de levar as tarefas anotadas no teléfono non parece tan mala.

Astrid é un xestor de tarefas que non só se encargará de rexistrar o que debes facer e de sincronizalo senón que cho recordará día a día. Coma todo bo xestor de tarefas Astrid permíteche clasificar o que tes que facer polo grado de importancia, engadir unha data límite, etiquetar a tarefa ou anotar algo en cada entrada, pero o bo deste xestor vén en todas as posibilidades que che brinda á hora de notificarcho pois coa función “al azar” o xestor converterase na túa nai, encargándose de que fagas a tarefa a base de avisos na pantalla, unha boa forma de asegurarse cumplir.
Ademais de todo isto permíteche a sincronización con Google Task e Producteev. Astrid está dispoñible no Market para a versión 1.6 de Android e superiores de forma gratuíta, déixovos o QR:

Sobre o autor

Reply