Laboratorio de Android na Sobroso Party 2011

O vindeiro fin de semana, do 15 ao 17 de abril, terá lugar en Ponteareas (Pontevedra) a oitava edición da Sobroso Party, unha actividade que contará con diversas conferencias, xogos en rede e concursos.
Entre os talleres que se desenvolverán no Pavillón dos Deportes da localidade pontevedresa destacamos o Laboratorio Android, un taller no que Alberto Ruibal, desarrollador e fundador de Mobialia, ensinará a programar unha aplicación para Android dende cero.
A cita será ás 18h do sábado 16 de abril e a entrada é libre.

Sobre o autor

Reply