Asistimos á presentación do LG 2X en España #eventoLG2X

Mallando no Android estivo presente esta tarde na presentación oficial de LG Optimus 2X en España, un terminal que vén caracterizado, ante todo, pola súa velocidade. E é que o seu procesador Nvidia Tegra 2 mellora con creces o seu rendemento, facendo o hardware perfecto para executar videoxogos de gran calidade e para disfrutar coma nunca da vida multimedia.
Esta velocidade fai que a descarga das webs sexa moito máis rápida, así como tamén a carga de videoxogos ou a capacidade de executar aplicacións. Segundo nos confirmaron dende LG, con este terminal apostan forte pola velocidade, mantendo un compromiso duración da batería – rendemento, polo que consume como se tivese un procesador mononúcleo.
Características técnicas detalladas:
  • Sistema operativo: Android 2.2 (Froyo). Actualizarase a Gingerbread en breve, como nos comunicaron (3 meses ou así).
  • Procesador: Nvidia Tegra 2 Dual Core 1 GHz.
  • Pantalla: TFT 4 polgadas.
  • Dimensións: 126,4 x 63,8 x 10.9 mm e 139 gr. de peso.
  • Cámara de 8 MP e gravación en Full HD (1080p) e frontal de 1.3 MP
  • Memoria: 8 GB, ampliábel por tarxeta microSD (até 32 GB).
  • Batería: 1500 mAh.
  • Conexións: HDMI, jack, microUSB, DLNA, WiFi, EDGE/UMTS/HSDPA/HSUPA
  • Radio FM

Dispoñibilidade
O LG Optimus 2X estará dispoñíbel libre por algo máis de 500 euros, malia que nun primeiro momento só se poida adquirir a través de Vodafone, con prezos que van dende os 0 € (portabilidade + contratación tarifa @L – cuxo prezo mensual é de 59,9 €/mes – durante 18 meses).
Tamén se poderá adquirir a través do Programa de puntos de Vodafone (139 € e 3.250 puntos, 269 € e 800 puntos…)
Outros terminais
Ademáis LG confirmou que en breve veremos novos terminais, como Optimus Black, que chegará ao mercado español en maio e o Optimus 3D, que o fará en xuño.
Probas
Despois da presentación tivemos a oportunidade de probar o novo smartphone de LG, tendo á nosa disposición un iPhone 4 para comparar ambos terminais in situ. Os resultados sempre foron mellores para o terminal LG, en canto a carga de páxinas, vídeos de YouTube, étc.
Polo demais, a experiencia con xogos é xenial, rápida e sen “momento colgado” en ningún momento, en definitiva un terminal que cumpre as espectativas que promete, e a velocidade é o seu punto forte.
Nota: completamos a nova con fotografía oficial pola rede dispoñíbel á hora de publicar a entrada. En canto nos sexa posíbel, cargaremos as nosas propias fotos e vídeos.

Sobre o autor

Reply