Desembarca en España a Galaxy Tab en versión WiFi

Malia a chegada de Honeycomb cun arsenal de tablets, o certo é que a Galaxy Tab de Samsung segue a funcionar moi ben, e segue a ser un produto moi demandado.
Por iso, a compañía coreana trae a España a versión só WiFi, que nos permitirá facer o mesmo que na versión 3G+WiFi, agás a conexión “en calquer lado” ou facer chamadas pola rede telefónica.
Lembramos algunhas características desta tablet:
  • Sistema operativo: Android 2.2.1 (Froyo)
  • Pantalla: WSVGA de 7 polgadas con resolución 1024×600 píxeles
  • Dimensións: 369 gramos, 12 mm de grosor
  • Memoria: 16 GB

O prezo de venda é de 369 €

Sobre o autor

Reply