Repite cando queiras o Taller de Android da Sobroso Party

Alberto Ruibal nun momento do taller
Tal e como vos anunciaramos, onte estivemos no Taller de Android da Sobroso Party, impartido por Alberto Ruibal, para ensinar como facer a primeira aplicación de Android.
A aplicación sobre a que se traballou, Wikiplaces, contén unha chea de cousas típicas que nos atopamos en aplicacións de Android, como o deseño de layouts, a optención de datos de servidores alleos, utilización do posicionamento GPS, étc.
Quen queira, pode revivir o taller, xa que tanto a presentación, como o código e a propia aplicación están dispoñíbeis na web de Mobialia.

Sobre o autor

Reply