Location Alarm avísate cando estás preto da túa tarefa

Xa vimos en Mallando o Android que aplicacións relacionadas para tarefas hai moitas, pero a que traio hoxe é tan especial que seguro que se fai un oco nos vosos terminais.

Location Alarm é unha aplicación que che avisa da túa tarefa cando pasas preto dela, algo moi útil para optimizar os nosos días pois son moitas as ocasións en que pasando preto de algo que temos que facer non o facemos por ir pensando noutras cousas e temos que volver mais tarde. 
O funcionamento, moi sinxelo coma sempre, podes engadir as tarefas que desexes, no momento de engadilas elixes o nome e o mensaxe que queres que che apareza, a posición da tarefa e os metros aos que queredes que soe, tras facer isto darédeslle a comezar e a aplicación pasará a facer o traballo en segundo plano. 
Location Alarm está dispoñible no Market de forma gratuíta para Android 1.5 ou superior.

Sobre o autor

Reply